sábado, 4 de Julho de 2009

Nos dominios de Leviatán - Xavier Queipo

Estes días ando impresionado... Teño na mesa de noite (ou a carón das deportivas de camiñar) o poemario de Xavier Queipo editado na colección Tambo da Deputación de Pontevedra; un libro que me agrada demasiado coa "Paixón ou naufraxio" pero que desentona cando pregunta "Que tal se o deixamos, amor?". A opinión lectora lévame a poñer o exemplar nun lugar visibel da estantería. Xuzgade por vós mesmos:


Nun mar laranxa

Que ninguén diga que non fun un home
que soubo, dende sempre, o que lle espera
logo da veladura das pálpebras.

Más alá está o mundo en cores,
bañado nun inmenso mar laranxa,
onde só nadan peixes sen escamas.


................"Nos dominios de Leviatán"
......................................Xavier Queipo

2 comentarios:

Chousa da Alcandra disse...

Eu tamén teño libros que me mola moito que resulten visibles a visitantes e paseantes da miña estantería...

abueloscrisytoño disse...

Amigo Manuel L. Rodrigues, estamos vendo noutros blogs amigos (cuspedepita) ou (paideleo) que xa teñen no seu poder Antítetese nativa, editado pola fundación amigos de Galicia. supoñemos que se pode pedir en calquera librería, se é doutra forma agradeceriámosche a información. ¡Felicidades!
Un saúdo desde Marín