Estimados compañeiros / Estimadas compañeiras:
Foron moitos os anos adicados ao mundo do blogomillo. Nun primeiro intre saiu á luz o "A túa risa", seguido do exitoso (non teño porque ocultalo) "Maré Aberta". Posteriormente outros traballos como a actualización do blogue do Colectivo Sacou... levoume a botar a andar esta nave. O meu buque-blogue persoal chegou a ter 1854 entradas en 7 anos de vida. Diariamente o seguimento dos lectores oscilaba entre os 450 e os 1100 visitantes... o que para min foi e sempre será motivo de orgullo (moitas grazas a todas e a todos).
O tempo é limitado. Preciso comezar outras viaxes. A creación literaria conleva, ás veces, máis esforzo e adicación que a que semella (polo menos no que a min se refire)... e cando falo de "creación literaria" non estou a falar da "laboura blogger", senón a escribir libros. (Que outra cousa facemos os poetas?)
Non agardo que o comprendades (como tampouco se comprenderon outros "asuntos" finiquitados), nin sequera que o respetedes (como tampouco se respetaron outros "asuntos" finiquitados)... Quen o saiba facer mellor... ten toda a "arañeira" por diante.
Velaquí deixo este punto e final ao meu fogar cibernético que, ben axiña, se trocará no escaparate dos libros que, da miña man, vaian saindo.
Por agora; todo o que teño que dicir podédelo atopar no "Antítese nativa" picando acá
Volvo a agradecervos a fidelidade, o cariño, as boas intencións... a aqueles e aquelas que todos os días petabades na miña porta (sempre seguirá aberta aquela, un pouco máis física, do feito poético que nos acompaña acotío).
Volvo a agradecervos a fidelidade, o cariño, as boas intencións... a aqueles e aquelas que todos os días petabades na miña porta (sempre seguirá aberta aquela, un pouco máis física, do feito poético que nos acompaña acotío).
Vémonos nas librarías, nas presentacións, nos recitais...
Manuel L. Rodrigues
Manuel L. Rodrigues